viernes, 19 de junio de 2020

Feliz verán!

Comparto todos os bos desexos que expresades. Gozade destas ben merecidas vacacións. 
Espero poder vervos de novo moi pronto!  



viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Ola a todas e todos! Hoxe conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Achégovos un enlace no que se explica un pequeno experimento para comprobar a contaminación do ambiente. Se o facedes non esquezades sacar unha foto antes e despois. Tamén podedes enviarmas e poder comparar aquí as que academos.
https://www.guiadelnino.com/educacion/aprender-a-cuidar-el-planeta/un-experimento-para-demostrar-los-efectos-de-la-contaminacion

Lembrades os 4R? REDUCIR, REUTILIZAR, REPARAR e RECICLAR. Xa sabedes que a máis importante de todas é a de REDUCIR, xa que se trata de algo que podemos acadar e que está nas nosas mans, a calquera idade!

Ao longo deste tempo na casa, dimos conta entre todos de moitas das cousas que se poden facer ao REUTILIZAR diferentes materiais que, sen outra, tiraríamos directamente ao lixo, pero atrevémonos a darlle outra vida.

Tamén vos deixo unha páxina na que se presentan diferentes actividades para facer en familia, e se o tempo e a vosa situación o permite, saíde fóra a xogar!
https://www.serpadres.es/familia/tiempo-libre/fotos/actividades-para-celebrar-el-dia-del-medio-ambiente-con-ninos/merida


Carmelo

jueves, 4 de junio de 2020

FORMAS XEOMÉTRICAS

Déixovos aquí un pequeno vídeo no que poderedes observar e identificar as diferentes figuras tridimensionais. Poderedes adiviñalas antes de que digan o nome?
Álvaro preséntanos as figuras que creou.
A Sergio tamén lle saíron de marabilla! Ademais, podemos apreciar as diferenzas entre as figuras planas e as de 3D, xa que as podemos ver dende calquera punto de vista.
Gabi tamén comparte para nós as súas creacións xeométricas.

miércoles, 3 de junio de 2020

Museos arqueolóxicos

Ola! Hoxe achego unha páxina moi interesante, xa que contén enlaces para visitar  de xeito virtual lugares máis ou menos próximos, todos relacionados con restos arqueolóxicos, entre eles os do castro de Santa Tegra (Pontevedra) ou Atapuerca . A súa exploración é moi recomendable, aínda que só sexa por ver as imaxes!
https://www.cromacultura.com/ruta-virtual-yacimientos-arqueologicos-espana/

lunes, 1 de junio de 2020

Música para xuño

No seguinte enlace podedes ver as actividades de música.
http://pontenamusica.blogspot.com/2020/05/actividades-musicais-para-1-e-2.html

Ademais, déixovos unha canción para que vos lembredes de min. Xa sabedes que hai que cantala e bailala como faciamos na clase!