jueves, 30 de abril de 2020

O noso animalario. Creacións.

Adrián enviounos esta serpe tan grande! Para facela empregou pinturas, goma eva e teas, entre outros. Moi bo traballo! Todo sobre a súa alimentación está no vídeo!


O que nos envía Izan é uleón! Está feito de cartón, papel celofán e pinturas. Perfecto Izan!



Outra serpe, esta de cascabel. Mirade que chula! Como xa sabemos, é carnívora. Está feita de rolos de papel e pinturas. Moi ben, Iago
 Elena enviounos esta marabilla de pavo real! Segundo nos contou, empregou unha oveira, pinturas e plumas de cores. Todo o demais cóntao ela. Mirade o vídeo
Samuel creou unhas eirugas fermosas! Empregou plastilina de moitas cores. Está xenial

Álvaro enviounos a súa tartaruga voadora! Para facela, empregou cartón, papel de xornal, pintura e unha botella de plástico.De que se alimentará? 

O can de Sergio chámase Marshal e fíxoo con cartolinas de cores, lá, pinturas e goma eva. Nunha das fotografías explícanos todo sobre a súa alimentación. Mirade!
 Mirade a xirafa de Gabi! Só lle fixo falta o cartón do rolo de papel e un pouco de pintura. Que creativo! De que se alimentará?

Kike enviounos o seu crocodilo feito cunha botella de plástico e con cartón. É carnívoro e Kike cóntanos máis cousas. É un experto nos crocodilos!
Mirade que me chegou ao correo! É Gonzalo e converteuse nun lobo! Que boa idea! Como pon na imaxe, é un animal carnívoro!
O león de Marcos está feito de papel. Vaia lugar máis chulo para vivir! Que comerá? Fixádevos moi ben no que leva na súa boquiña!


Sofía tamén se quixo converter nun animal! Neste caso nun león! De que se alimentará? Mirade o vídeo!


Yanira enviounos o seu porco, feito cun rolo de papel e con pinturas. Que ben o fixo! Será un animal omnívoro?

Mico é o gatiño de Icía. Está feito de polispán, pintura e teas. Que bonito éSabedes de que se alimentan os gatos?


Anda! Outro crocodilo. Xián fixo o seu animal con cartón e pintura. Está moi chulo! Acordádesvos do que come? A ver que nos conta Xián!


O noso animalario

Bos días a todas e todos! Son Cris. Que tal estades? Xa queda menos para a fin de semana! No día de hoxe converterédesvos en artistas xa que imos crear entre todos o noso animalario. Sabedes o que é? Cada un creará o seu propio animal empregando materiais reciclados (plásticos, cartón, papel, teas, etc.). Podedes utilizar todo o que queirades! Ademais, poderedes crear o hábitat do voso animaliño, o lugar no que vive. Por último, o máis complicado... Teredes que dicir o seu tipo de alimentación, indicando se pertence ao grupo dos carnívoros, herbívoros ou omnívoros e por que.
Moito ánimo nenos e nenas. Estou desexando ver as vosas creacións!!! Unha aperta moi moi grande.


Os animais (2)

Bos días nenas e nenos! Espero que esteades o mellor posible. Hoxe seguiremos aprendendo sobre os animais e as súas características. Estou segura de que sabedes que os animais se desprazan de diferentes formas, son tamaños distintos e non todos teñen o mesmo tipo de pel. Queredes saber máis? O noso amigo Camaleón envioume un vídeo moi interesante sobre todo isto. Mirade!


Ademais de todo isto, os animais precisan alimentarse para poder medrar e ter enerxía. De que credes que se alimentan os animais?Existen aqueles que se alimentan doutros animais e os que se alimentan de plantas. Mais hai outros que comen de todo. Que lambóns! Botádelle unha ollada a este vídeo!

Polo tanto, os animais aliméntanse de seres vivos. Os carnívoros son aqueles que se alimentan doutros animais, os herbívoros comen plantas e os omnívoros son aqueles que se alimentan tanto doutros animais como de plantas.Envíovos moitos bicos!!!Cris.

martes, 28 de abril de 2020

A multiplicación

Trátase de recoñecer en que consiste esta operación. Preséntase unha explicación moi similar á realizada na aula.

Adiviña de que animal se trata...

Ola!
Unha das actividades que Cris nos presenta é a de adiviñar de que animal se trata. Seguro que os adiviñades todos. A xogar!

Hoxe Kike enviounos este vídeo. Fixádevos moi ben nos seus xestos e no audio que se escoita ao seu redor! Xa sabedes o que é?
Sergio tamén nos envía o seu vídeo. Vouvos dar unhas pistas: é un animal carnívoro que vive no bosque. Co ben que o fixo e con estas pistas xa o deberiades saber!
 Parece que Xián se levantou moi saltarín hoxe! E con moita fame! Mirade todo o que fai. Sabedes que é?
Vaia! Que abrigado está hoxe Adrián. Creo que ten moito frío, debe estar conxelado. Que será?
Gonzalo enviounos este vídeo. Vouvos dar unha pista: Gonzalo é unha ave. Co ben que o fixo xa debedes saber quen é!
 Mirade Iago! Que ten nas súas costas? Quen será?
Mirade que marabilla nos envía Icía! Pensei que non había ninguén debaixo desa capa verde. Xa sabedes o que é?
Izan Cabado envíanos este vídeo. Fíxoo xenial, que animal será?
 Izan! Que levas na túa boquiña? Que estará a facer? Xa deberiades saber quen é!
Lola enviounos este vídeo. Fixádevos moi ben na cor da súa roupa e o que fai co seu pescozo! Xa o tedes, non si?
Álvaro envíanos este vídeo! Tede coidado con tocalo, pódevos pinchar. Que será?
Mirade Samuel! Estade moi atentos ao son que fai! Xa sabedes o que é?
Marcos, vaia equilibrista! Mirade a súa forma de desprazarse, quen será?
Que ben o fai Aroa! Fixádevos moi ben nos seus xestos. Xa sabedes quen é?
Mirade que vídeo nos envía Gabi! Que saltarín! Aínda que non se ven, este animal ten unhas orellas grandes. Xa sabedes o que é?

Elena, que abrigada estás! Que é oque está a comer? Debe ser un animal herbívoro! Sabedes cal?

Este é o vídeo que nos envía Carmelo. Fixádevos moi ben na súa roupa e no que leva na orelliña!
Mirade Adriana! Parece que a forma de desprazarse deste animal é arrastrándosepolo chan e formando curvas. Xa sabedes o que é?
 Sofía enviounos este vídeo! Parece a raíña da súa casa, mirade que melena ten! É un animal cor castaño. Sabedes cal é?

lunes, 27 de abril de 2020

Os seres vivos e os seres inertes

Bos días nenas e nenos! Son Cris. Espero que esteades todos e todas o mellor posible! Hoxe vouvos presentar ao noso novo compañeiro de viaxes e aprendizaxes. Chámase Camaleón e con el imos aprender moitas cousas sobre os seres vivos. Pero... todo o que vemos fóra son seres vivos? 
Os seres vivos teñen un CICLO VITAL, é dicir, nacen, aliméntanse, reprodúcense e morren. Ademais disto, os seres vivos tamén cumpren unha serie de funcións na súa vida: nutrición, xa que precisan alimento; relación, é dicir, coñecer o que ocorre no exteriorpara protexerse e axudar a outros animais da súa especie; e reprodución, para crear novos seres vivos.Imos poñernos a proba. Que seres dos que vedes nestas imaxes son seres vivos e cales son seres inertes?

 Nesta imaxe vemos: auga do río, rochas e árbores.

Nesta imaxe vemos: árbores, auga, un animal, herba e rochas.

Nesta imaxe vemos: area da praia, persoas, casas, árbores, auga do mar e rochas.

jueves, 23 de abril de 2020

Outro agasallo...

Cris tamén se lembra moito de todos e todas vos! Dende a súa casiña tamén nos desexa un feliz Día do Libro. Grazas Cris! Para tí tamén van os 100.000 bicos!
Lola amósanos o seu libro favorito. Grazas por compartilo con nós!
Se alguén máis se anima, podedes seguir enviando as fotos.


Feliz día do libro!


Hoxe é un día para gozar da lectura. Aquí vos deixo un pequeno agasallo, aínda que non aparezades todos os que sodes, non esquecemos a ninguén. Entre os que si están, Marcos recoméndanos "Paco Miko", e Adriana coincide no gusto con Gabi, xa que lles encanta "Las jirafas no pueden bailar". Tamén incluín "Vamos al océano", é un deses libros que vos gustan tanto, nos que buscas e atopas, ademais de aprender curiosidades dos diferentes animais que viven no mar.

No blog da biblio cole tamén vos deixa esta achega de libros recomendados, hai tanto infantís como para maiores. Non dubidedes en darvos unha volta polos nosos blogs, especialmente os de biblioteca e Dinamización, xa que están cargados de actividades divertidas e contos máxicos.
Espero que vos guste! Pasade un feliz día.
 


lunes, 20 de abril de 2020

OS ANIMAIS

O seguinte vídeo está moi ben para repasar moitas das cousas que vimos na clase.

O calendario

Este vídeo explica moi ben, practica o que eu lles contei na aula.


Xa que andamos na casa, lembrade riscar no calendario os días que van pasando, tamén podedes escribir a data en galego e en castelán, como faciamos na clase. Xa falta menos!!

miércoles, 15 de abril de 2020

O reloxo analóxico

Lembrade: a agulla pequena vaise movendo segundo avanza a agulla grande.

O reloxo dixital


Estamos de volta

Estamos de volta!

Estes días foron aproveitados para viaxar sen saír da casa.
Grazas por compartir a vosa arte e imaxinación e darnos a coñecer lugares lonxanos e maravillosos!
Aquí deixo os vosos traballos para poder gozar deles.