viernes, 19 de junio de 2020

Feliz verán!

Comparto todos os bos desexos que expresades. Gozade destas ben merecidas vacacións. 
Espero poder vervos de novo moi pronto!  



viernes, 5 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente

Ola a todas e todos! Hoxe conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente.
Achégovos un enlace no que se explica un pequeno experimento para comprobar a contaminación do ambiente. Se o facedes non esquezades sacar unha foto antes e despois. Tamén podedes enviarmas e poder comparar aquí as que academos.
https://www.guiadelnino.com/educacion/aprender-a-cuidar-el-planeta/un-experimento-para-demostrar-los-efectos-de-la-contaminacion

Lembrades os 4R? REDUCIR, REUTILIZAR, REPARAR e RECICLAR. Xa sabedes que a máis importante de todas é a de REDUCIR, xa que se trata de algo que podemos acadar e que está nas nosas mans, a calquera idade!

Ao longo deste tempo na casa, dimos conta entre todos de moitas das cousas que se poden facer ao REUTILIZAR diferentes materiais que, sen outra, tiraríamos directamente ao lixo, pero atrevémonos a darlle outra vida.

Tamén vos deixo unha páxina na que se presentan diferentes actividades para facer en familia, e se o tempo e a vosa situación o permite, saíde fóra a xogar!
https://www.serpadres.es/familia/tiempo-libre/fotos/actividades-para-celebrar-el-dia-del-medio-ambiente-con-ninos/merida


Carmelo

jueves, 4 de junio de 2020

FORMAS XEOMÉTRICAS

Déixovos aquí un pequeno vídeo no que poderedes observar e identificar as diferentes figuras tridimensionais. Poderedes adiviñalas antes de que digan o nome?
Álvaro preséntanos as figuras que creou.
A Sergio tamén lle saíron de marabilla! Ademais, podemos apreciar as diferenzas entre as figuras planas e as de 3D, xa que as podemos ver dende calquera punto de vista.
Gabi tamén comparte para nós as súas creacións xeométricas.

miércoles, 3 de junio de 2020

Museos arqueolóxicos

Ola! Hoxe achego unha páxina moi interesante, xa que contén enlaces para visitar  de xeito virtual lugares máis ou menos próximos, todos relacionados con restos arqueolóxicos, entre eles os do castro de Santa Tegra (Pontevedra) ou Atapuerca . A súa exploración é moi recomendable, aínda que só sexa por ver as imaxes!
https://www.cromacultura.com/ruta-virtual-yacimientos-arqueologicos-espana/

lunes, 1 de junio de 2020

Música para xuño

No seguinte enlace podedes ver as actividades de música.
http://pontenamusica.blogspot.com/2020/05/actividades-musicais-para-1-e-2.html

Ademais, déixovos unha canción para que vos lembredes de min. Xa sabedes que hai que cantala e bailala como faciamos na clase!

viernes, 29 de mayo de 2020

Pequenos descubrimentos

Estes días afondamos en diferentes aspectos da vida cotiá na Prehistoria, tales como a  formación e aproveitamento das covas, como se alimentaban os seus habitantes ou as súas ferramentas e arte.
Aquí vos deixo algunhas das vosas achegas.

 Sergio e Gonzalo amósannos as súas interpretacións de pinturas rupestres.
Ademais Gonzalo fixo unha excursión na procura dunha cova natural, mirade o que atopou no camiño!
Pola súa banda, Adriana tamén está en contacto coa natureza. Que fermoso! Como serán cando medren?
Carmelo visitou o Castro de Viladonga coa súa familia. Trátase dun lugar fermoso ao aire libre e que permite explorar e observar a forma das casas nas que vivían os antigos celtas.
Xián amósanos este debuxo tan feitiño no que representa a vida nas covas. 
Tamén nos presenta Izan o seu debuxo no que nos amosa uns exemplos de animais prehistóricos. E non quedou ahí! Ademais fixo diferentes xoias propias dos celtas, como torques e medallóns. Están xenial!
Tendo presente o uso de materiais de refugallo, mirade os animais tan chulos que nos amosa Gabi: 
Pola súa banda, Álvaro recreou toda unha exposición arqueolóxica, mirade!
Sergio animouse tamén a facer xoias e outros elementos que adoitaban usar os celtas.
Seguen chegando novas formas celtas, deste vez da man de Gabi. Grazas por compartir!



sábado, 23 de mayo de 2020

Coñecemos a Prehistoria

Cinco datos interesantes da Prehistoria:
A Prehistoria para nenos:
Déixovos uns exemplos de museos que nos achegan á vida dos asentamentos celtas: o de Castro de Viladonga (Lugo) e o de Numancia (Soria)

Tedes curiosidade por saber como vivían as persoas nas covas hai milleiros de anos? Aquí podedes ver un enlace moi interesante:

jueves, 21 de mayo de 2020

Viaxe no tempo

Como vivían as persoas na prehistoria? Grazas aos xacementos arqueolóxicos e outros descubrimentos, podemos coñecer moitos costumes. Sabemos de moitas diferenzas co paso do tempo, pero hai cousas que non cambian, tales como as necesidades básicas que compartimos: a alimentación e a auga, un lugar onde vivir, o emprego de ferramentas ou a roupa para abrigarnos no inverno e estar frescos no verán.
Aquí vos deixo imaxes nas que vós recreades eses primeiros obxectos e descubrimentos, non sabedes canto me gusta! E que vos parece o ben que o pasades?

Álvaro amósanos o seu machado feito cun pau e un chanto. Moi ben feito Álvaro! Trátase dunha ferramenta que empregaban non só para defenderse, senón tamén para limpar as peles de animais que empregaban para abrigarse.
 Tamén fixo ferramentas Iago, ademais dunha tenda para buscar cobixo e vestiuse dacordo coa época. Estás feito todo un neandertal! O único que non acadou foi facer fogo, pero xa sabemos que non é tarefa doada!

 Izan creou unhas marabillosas pinturas rupestres. Ademais el si conseguiu facer fogo! Xa nos contarás como o fixeches!


Sergio fixo unha cabana para gardarse do sol e representa como moían o gran sen empregar a roda ou o muíño. Vedes canto se esforzaban para procurar o alimento?

Gabi aproveitou diferentes materiais para recrear a vida cotiá na Prehistoria. Lembra como facían os seus asentamentos ao carón dos ríos para obter auga e alimento. 
Acompañado pola súa explicación, o traballo que nos amosa Elena é propio dun museo! Fixo o torques, para o pescozo, e as arracadas, especie de pendentes que penduraban das orellas e que adoitaban levar tanto os homes como as mulleres. Tratábase de xoias que simbolizaban o poder e riqueza de quen as levaba.








lunes, 18 de mayo de 2020

Tangram

Lembrades o xogo do tangram? Tédelo no sobre de material de matemáticas, a partir del podedes calcalo e facer outro en papel ou cartolina e xogar a ver quen o fai máis rápido.
Aquí vos deixo as formas que propuxen na clase, ademais engado un enlace no que podedes descargar as pezas do tangram por se non o tedes completo, ademais doutras figuras diferentes e con diferentes niveis de dificultade. 
A xogar!
Tangram-Figuras para imprimir online

viernes, 15 de mayo de 2020

Xogo de Pasa palabra

Hoxe achégovos o xogo de Pasa palabra para xogar na casa. Quen adiviñará antes?
https://view.genial.ly/5ea294ccd407580db9f212ba?fbclid=IwAR2DB1cy8EU2FnwDgoWD25c0BMXbQVjCiOMGSR7-6BNcrTlymlqA3LjUmxs

Como medran!

Ola nenas e nenos! Aquí vos deixo as imaxes das vosas plantiñas. Nótase o agarimo que lles dades. E se lle poñedes nome?
A de Iago vese moi ben co algodón.... e medra de marabilla!!

Pouquiño  a pouquiño vai saíndo a de Marcos.


Igual que a de Sergio, se vos fixades ben podedes ver a plantiña que quere medrar.
As sementes de Yanira xa están brotando!

Samuel seguro que está moi ilusionado. As súas sementes xa son plantas!! Canto medraron!





Icía amósanos o fermosas que están as súas.




Aquí vemos as de Sofía. Dentro de pouco poderá trasplantalas. Moi ben!
Lola e Álvaro amósannos o ben que medran as súas plantas. nótase que están en boas mans.

Vemos que a planta de Aroa está medrando con agarimo. Xenial!
Mirade o ben que medra a planta de Kike. Que bonita é!

Elena amósanos o ben que medra a súa semente.


martes, 12 de mayo de 2020

Ánimo!!!

Hoxe traio un pequeno agasallo. Mirade que vídeo nos achega Sara, súbelle o ánimo a calquera!!
Aroa tamén nos envía ánimos dende a súa casa.

Se tamén queredes compartir os vosos desexos podédesme enviar as imaxes. Moito ánimo!!!

Ponte na música

Hoxe déixovos a man as actividades de música, xa sabedes que podedes seguir estas e outras no blog pontenamusica.blogspot.com (enlaces directos na columna da dereita)
http://pontenamusica.blogspot.com/2020/05/actividades-musicais-paranenos-e-nenas.html
A pasalo ben!

domingo, 10 de mayo de 2020

DEBUXO O APRENDIDO

Mirade que creacións tan marabillosas realizaron os nenos e nenas do CEIP A Ponte. Con todas estas actividades, xa son uns expertos e expertas nos seres vivos e é por iso que todos recibiron un diploma coma este:
Sergio decidiu presentar os animais carnívoros! Moi ben, Sergio!
 O mural de Marcos mestura os animais carnívoros terrestres e mariños. Está xenial!
 Izan decidiu representar os tres grupos de animais segundo a súa alimentación. Mirade cantos animais! Está perfecto, Izan!

 Sofía presenta no seu mural os animais herbívoros e carnívoros. Ademais, explica moi ben os coidados que precisan os animais e as plantas! Está xenial, Sofía!






Iago envíanos o seu mural sobre animais carnívoros! Moi bonito!

Carmelo envíanos un mural sobre os tres grupos de alimentación: carnívoros, herbívoros e omnívoros. Está xenial!
Elena e a súa irma cumpren moi ben as necesidades da súa mascota. Ademais, saben que teñen que coidar os bosques!

Izan explícanos moi ben no seu mural o ciclo vital das plantas e as súas partes. Está moi ben, Izan!
O mural de Adriana está feito con varios materiais. Quixo representar os coidados e as partes das plantas! É moi creativo!
 Adrián escolleu os animais herbívoros para o seu mural! Está xenial!
 Aroa fálanos dos coidados que precisa a súa gatiña e do tipo de alimentación que ten. Ademais, quixo presentarnos a súa planta, explicando as diferentes partes que ten. Está xenial, Aroa!
 Gabi amósanos os coidados que lle dá ao seu can Chase. Seguro que é moi feliz!
 Roi preséntanos unha gran variedade de información no seu mural. Decidiu escoller os animais carnívoros, entre eles, o león e o tigre. Ademais, explica datos moi interesantes sobre o carballo, unha das árbores máis representativas da nosa comunidade. Está xenial, Roi!








Samuel preséntanos este fermoso debuxo! Moi bonito!
Álvaro envíanos a súa creación sobre as partes e os coidados das plantas. Moi creativo!

Xián decidiu falarnos das árbores e da súa importancia. Moi ben
Kike envíanos os seus murais, presentando os animais carnívoros e algunhas árbores. Está xenial!
Gonzalo decidiu presentar no seu mural os tres grupos de alimentación dos animais e as características das plantas. Moi ben traballado, Gonzalo!

 Lola decidiu presentar no seu mural os coidados das plantas: regalas e poñelas nun lugar onde lles dea a luz. Moi ben, Lola!